Portos concede unha moratoria na aplicación das taxas ós hostaleiros

    RIBEIRA > As novas taxas impostas por Portos de Galicia ós establecementos hostaleiros de Ribeira continúa a dar que falar. Polo momento o ente autonómico decidiu conceder unha moratoria na aplicación desta taxa que graba o uso dos espazos portuarios para a colocación das terrazas, aínda que os hostaleiros deberán aboala en canto se lles solicite.

    Cando hai uns meses Portos de Galicia informaba ós hostaleiros da zona do malecón ribeirés que debían aboar unha nova taxa pola ubicación das súas terrazas nunha zona cualificada de espazo portuario, a medida provocaba sorpresa e ó mesmo tempo alarma entre o sector posto que os establecementos do lugar xa viñan pagando ó concello un imposto semellante, e moito máis reducido, pola colación das súas terrazas.

    terrazas_300_040906.jpgA día de hoxe os hostaleiros aínda non tiveron que aboar ningunha cantidade xa que Portos decidiu conceder unha moratoria na aplicación desta nova medida para evitar unha posible duplicidade tributaria, ó ser moitos os establecementos que xa pagaran esta taxa ó concello.  O primeiro tenente de alcalde ribeirés, Manuel Ruíz, comentou que esta medida afecta principalmente ós hostaleiros aínda que tamén ó concello posto que é este o que asume os gastos de limpeza e coidado da zona do malecón. Neste senso, indicou que o seu obxectivo é que Portos conceda as competencias sobre esta zona ó concello e que poida recadar o imposto.

    Ademais Ruiz Rivas mostrouse crítico co papel que está a desenvolver Portos de Galicia neste conflicto de competencias institucionais. O que pretende o ente autonómico con esta nova medida recadatoria, dixo, é diminuir a súa excesiva dependencia das subvencións e converter o espazo portuario nun servizo rentable.

    Redacción Barbanza