Desarticúlase unha banda tras un roubo rexistrado en Noia

    OPERACION_DRADONIRcopy.jpgPONTEVEDRA> Polo momento hai cinco detidos que se atopan na prisión de A Lama. A mercancía tiña un valor de 300.000 euros.

    {flowplayer}images/salnes/OPERACION_DRAGONIR.flv{/flowplayer}

    Unha serie de roubos que se detectaron en Pontevedra deron a voz de alarma. A mediados do mes de outubro comezaba a investigación por parte do grupo de Patrimonio da Policía Xudicial da Garda Civil de Pontevedra. A través da vinculación dunha persoa a eses roubos chegan á identificación dun grupo organizado de rumanos que operaba directamente desde Madrid.

    Desprazábanse en turismo desde a capital española e levaban a cabo os roubos ó tempo que fixaban outros obxectivos.

    Ata a data esclarecéronse vinte e cinco feitos delitivos que realizaron por toda a comunidade galega. O grupo estaba especializado na comisión de roubos en establecementos comerciais que prescindían de sistema de seguridade.

    Entre a mercancía incautada atópanse xoias, perfumes, roupa deportiva e de marca e mesmo ferramentas. Un botín que no mercado acadaría os trescentos mil euros.

    Polo momento hai cinco detidos que se atopan na prisión de A Lama. Estes están acusados de roubo con forza, falsidade documental, asociación ilícita e receptación. O roubo que se detectou o pasado día 19 en Noia permitiu a detención dos cinco imputados.

    Polo momento, a investigación segue aberta polo que non se descartan máis detencións.

    Redacción Salnés