A Batiola denuncia unha nova construción ilegal na praia dos Mosqueiros

    muroilegal_100_071207.jpgRIBEIRA > A Asociación de Veciños A Batiola de Castiñeiras volveu denunciar a construción dun muro ilegal, tralo recente derrube da anterior edificación.

    Tralo derrube do muro ilegal na praia dos Mosqueiros, decretado hai uns meses pola Dirección Xeral de Costas ante as denuncias da Asociación de Veciños A Batiola, os residentes desta pequena parroquia ribeiresa comproban, abraiados, como a historia se repite.

    O colectivo veciñal acaba de denunciar novamente ante o organismo dependente do Ministerio de Medio Ambiente a construción dun novo muro de carácter ilegal posto que tampouco cumpre os requisitos establecidos por Costas na licenza.

    Segundo o seu presidente, a nova construción sobrepasa o límite de dous metros máximos de altura, chegando a acadar os cinco ou seis metros, provocando un importante efecto de pantalla na praia. Así mesmo, tampouco se respecta a servidume de tránsito que anteriormente xa fóra ocupada polo muro inicial.

    Neste sentido, os veciños denuncian que esta construción non foi demolida na súa totalidade posto que o propietario procedeu a tapala cun depósito de terra ilegal. Os veciños instan a Costas a valorar as presuntas irregularidades denunciadas para proceder á restitución da legalidade obrigando a que estas construcións respecten obxectivamente a Lei de Costas.

    {flowplayer}barbanza/muroilegal.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza