O executivo pobrés dotará de saneamento e abastecemento ó Camiño Ancho

    POBRA > O concello da Pobra vén de iniciar as obras de saneamento e abastecemento no Camiño Ancho, na Pobra do Caramiñal. Estes traballos, que se prevé que estén rematados nunha semana, súmanse outros proxectos de dotación de servizos básicos que se está a levar a cabo nestes momentos no concello.

    Os operarios da empresa ‘Fermín Simal’, adxudicataria das obras xa están a traballar no tramo que vai dende o Río Morto ata o cruce de Lesón, na Pobra do Caramiñal, para comezar coa conexión á rede de abastecemento e saneamento das vivendas da zona.

    O executivo local investirá nesta actuación preto de 80 mil euros, cantidade que se cargará ós presupostos do concello do próximo ano 2007. O concelleiro de obras, Xosé Castro, detallaba polo miúdo os traballos que se van a realizar e que está previsto que estén rematados nunha semana. Consitirán básicamente na instalación de dous colectores en ambas marxes da estrada conectados á rede xeral.

    Con estes traballos o concello avanza un paso máis cara a consecución do saneamento integral da localidade, un obxectivo que o alcalde pobrés espera conseguir en breve xa que segundo comentou agora quedan só pequenos tramos nas parroquias que necesitan dunha actuación

    Isaac Maceiras tamén indicou que as obras da estrada AC-302, que chega ata o Hospital Comarcal do Barbanza, están a piques de rematar aínda que nos próximos días se confirmará unha data exacta para a conclusión dos traballos.

    Redacción Barbanza