O concello de Ribeira convoca este sábado unha xornada de limpeza voluntaria nas praias

RIBEIRA> O concello de Ribeira convocou para este sábado unha xornada de limpeza en colaboración con Greenpeace. Ademais da implicación do voluntariado, demandan máis medios por parte da Xunta de Galicia para atallar esta catástrofe ambiental.

Aqueles voluntarios que queiran colaborar na recollida de plásticos nas praias de Ribeira poden acudir á convocatoria prevista para este sábado. Membros do Grupo Municipal de Emerxencia e profesionais ambientais de Greenpeace coordinarán os traballos que se desnevolverán entre as dez da mañá e a unha e media da tarde aproveitando a baixamar.

As persoas que desexen participar deberán rexistrase a través dun formulario dispoñible na web municipal. Ata o momento xa hai máis dun cento de inscritos. En función do número final de voluntarios, establecerase o dispositivo por quendas en varios areais.

Malia poñerse ó fronte e asumir as competencias de limpeza do vertido, dende o concello entenden que estes labores non poden deixarse unicamente en mas do voluntariado polo que volven demandar máis recursos e persoal por parte da Xunta.

Tamén o concello de Muros está a asumir o plan de limpeza nas praias tras chegar a un acordo coa aseguradora da armadora do buque que perdeu a carga. Unha empresa de limpeza contratou a 18 traballadores locais que realizarán a retirada coa axuda de voluntarios.

Nunha primeira fase serán os voluntarios os que desenvolvan tarefas de acondicionamento dos areais para que posteriormente a empresa se encargue da retirada dos plásticos. Dende o concello muradán piden á veciñanza que non acceda ós areais para facilitar a retirada por parte dos profesionais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí