Rosa Quintana destaca o peso do Barbanza na industria mexilloeira

    RIBEIRA> A Conselleira do Mar visitou o cocedoiro de mexillón Barrañamar, situado no polígono de Couso, en Ribeira. Alí, Rosa Quintana destacou á comarca do Barbanza coma unha das zonas de maior produción de mexillón de toda Galicia, supoñendo o 25% das descargas que se producen en toda a comunidade. Cincuenta e oito mil toneladas de mexillón das duascentas trinta e cinco mil descargadas en Galicia foron producidas no Barbanza. Estas cifras dan idea da importancia do sector na comarca, que supón o vinte e cinco por cento de toda a produción autonómica. Destaca ademais a confluencia da industria produtora coa transformadora tal e como acontece no cocedoiro Barrañamar, participado por diversas organizacións bateeiras. A responsable autonómica destacou a importancia da aprobación da Lei de Acuicultura de Galicia, en fase de tramitación, para apoiar ó sector mexilloeiro recollendo actividades específicas que ata o momento non estaban incluídas na lexislación.