Cincocentas motos ruxirán na IV edición da ‘Sin Frenos’

    POBRA> Ó redor de cincocentas motos daranse cita na cuarta edición da concentración ‘Sin Frenos’ que terá lugar na Pobra entre o catorce e o quince de maio. Ademais das rutas pola comarca e exhibicións da escola de pilotos KSB Sport, desenvolveranse outras actividades máis festivas como un concerto a cargo de ‘Los Bugis’. A programación dará comezo o sábado catorce ás once da mañá cpa exhibición da escola de pilotos KSB Sport no aparcadoiro do recheo. Xa pola tarde realizanse as inscricións e a continuación unha ruta pola comarca. Os pilotos repetirán ruta en sentido contrario o domingo pola mañá con parada en varios puntos para retomar forzas . A mediodía terá lugar unha degustación de conservas Escurís Batalla e a continuación o xantar de despedida no restaurantte OLivo Blanco onde se entregarán os trofeos e procederase ó sorteo de agasallos. Aínda que as actividades están abertas a tódalas motos e visitantes que se queiran achegar, o número de inscrición está limitado a cento vinte prazas. O prezo é de vinte e cinco euros para desfrutar de tódalas rutas e comidas e de quince para aqueles que só asistan á cea.