![]()
RIBEIRA > Un home duns sesenta anos de idade foi atopado morto na dársena do porto da parroquia de Aguiño. O corpo sen vida da víctima foi rescatado da auga por efectivos sanitarios que se personaron no lugar alertados por varios veciños, que viron un corpo flotando no mar.
O corpo do home foi atopado por varios veciños da localidade que alertaron de inmediato ás ambulancias do 061. Cando chegaron ó lugar dos feitos os sanitarios xa nada puideron facer por salvarlle a vida. Na dársena personaronse ademais varias patrullas da policía nacional e protección civil de Ribeira. Tamén se achegou
ata o lugar o alcalde ribeirés, Xosé Luís Torres Colomer, para apoiar ós familiares nestes difíciles momentos.
Ó parecer o sesaxenario saira da súa casa esta mañá para ir a dar o seu habitual paseo ata o porto de Aguiño. Foron uns veciños da localidade que pasaban polo lugar os que detectaron algo estrano flotando no mar e ó achegarse á auga percatáronse de que era o corpo dun home.
Polo momento descoñécense as causas do falecemento e non se descarta ningunha hipótese. O corpo foi trasladado ó hospital do Barbanza onde será a autopsia a que determine os motivos exactos da morte.
Redacción Barbanza








