A Fundación Valle Inclán inaugura nova sede na Pastoriza

    sede_fundacion_valle_100_150906_1.jpgVILANOVA > A figura de Valle Inclán conta desde este venres cun novo reducto para o seu estudio e difusión. A Fundación Valle Inclán inaugurou a súa nova sede en plena praza da Pastoriza, lugar moi vinculado á infancia do ilustre escritor. Os seus impulsores describiron este local como un complemento das iniciativas valleinclanianas aberto a tódolos vilanoveses.

    sede_fundacion_valle_300_150906.jpgA Fundación Valle Inclán abriu este venres oficialmente as portas da súa sede en Vilanova de Arousa. O encargado de destapar a placa inaugural foi o presidente da entidade, Gerardo Fernández Albor, que estivo acompañado neste acto polo presidente da Deputación de Pontevedra e polo alcalde e o concelleiro de Cultura de Vilanova. A nova sede atópase nun baixo de cen metros cadrados na praza da Pastoriza, preto da casa natal de Valle Inclán e da igrexa onde foi bautizado.

    A Fundación Valle Inclán estará permanentemente en Vilanova grazas á colaboración da Deputación e do Concello, que colaboraron na adquisición deste local. Un paso máis dentro do traballo realizado, sobre todo desde o goberno local, para perpetuar a memoria do ilustre escritor. Unha labor, que segundo o alcalde de Vilanova ten como seguinte paso a construcción do auditorio municipal. Gonzalo Durán aproveitou este acto para reclamar o apoio da Deputación neste obxectivo aínda que advertiu que depende en primeiro lugar de que o PXOM saia adiante.

    Redacción Salnés