Cambados pon a punto os xogos do parque de Dolores del Valle

CAMBADOS> Cambados continúa poñendo a punto os seus parques infantís. Agora foi a quenda do de Dolores del Valle. Alí, restauráronse tódolos elementos e renováronse aqueles que xa non se podía arranxar. O obxetivo do goberno local é continuar con melloras noutros espazos deste tipo en breve, como o parque de Vilariño.

O parque de Dolores del Valle, en pleno centro de Cambados, vén de someterse a un fondo lavado de cara. A maioría dos elementos do parque foron rehabilitados. A actuación tivo un orzamento de 11.000 euros, financiado con fondos propios. Con todo, quedou pendente aínda a renovación do chan de caucho.

Dende o concello, con toda a instalación renovada, fan un chamamento a respectar o que é de todos. Esta renovación do parque de Dolores del Valle súmase á executada o ano pasado no parque da Seca. En axenda, melloras tamén no parque de Vilariño.

Ademais, o Concello contempla tamén a instalación de novos xogos no parque de Torrado e no de Clemencio Ferández Pulido. En ambos casos con fondos procedentes do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí