O embaixador español en Alemaña visitará O Salnés

    O embaixador de España en Alemaña visitará O Salnés.

    Pablo García-Berdoy foi invitado polo alcalde de Sanxenxo no transcurso da súa viaxe á ITB Berlín, unha das feiras de promoción turística máis importantes do mundo. Nunha recepción oficial na embaixada española, Gonzalo Pita invitou formalmente ao embaixador que amosou un grande interese pola comarca e o vindeiro luns tramitarase de forma oficial para que poidan comezar a cadrar as axendas. Será unha visita de traballo para expor ao sector hostaleiro estratexias que melloren a comercialización co mercado turístico alemán. Xa no marco da feira turística o alcalde de Sanxenxo chegou a un acordo coa cadena hoteleira Hotusa na que pon a súa disposición os seus hoteis en calquera punto de España para acción de promoción de O Salnés como destino turístico. Tamén se reuniu con empresas e turoperadores xermanos cos que potenciar Sanxenxo como destino turístico entre os alemáns de nivel adquisitivo medio-alto.