O Obradoiro Santa Baia formará a 21 desempregados

    obradoiro_ribadumia100.jpgRIBADUMIA> A alcaldesa Salomé Peña deu esta mañá a benvida ós 21 participantes do Obradoiro Santa Baia.

    {flowplayer}images/salnes/obradoiro_ribadumia.flv{/flowplayer}

    RIBADUMIA> A alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, deu esta mañá a benvida ós 21 participantes do Obradoiro Santa Baia. Esta iniciativa terá unha duración dun ano, onde os seus alumnos serán preparados para teren unha mellor formación e, deste xeito, fomentar a súa inserción no mercado nun momento delicado dende o punto de vista económico e laboral.

    O obradoiro contará con dous módulos, un de albanelería e outro de xardinería. Durante esta ano, os seus alumnos recibirán tanto clases teóricas, que se impartirán neste centro social, como prácticas. Estas últimas permitirán levar a cabo numerosas obras así como a recuperación do patrimonio cultural do concello.

    Por todos estes traballos, os integrantes do obradoiro contarán cunha remuneración económica. Salomé Peña fixo fincapé na importancia deste tipo de actividades que se levan a realizar durante todo este ano que permiten unha mellora na capacidade e na formación dos seus habitantes, por iso asegurou que continuarán o vindeiro ano.

    A alcaldesa de Ribadumia tamén recordou a importante labor que o goberno local está a facer para mellorar a situación de crise pola que se está a pasar. Por iso, neste 2009 un total de 79 persoas foron empregadas polo Concello.

    Redacción Salnés