A consellería do Mar disporá de 221’7 millóns de euros de presuposto

    visitaconselleiramarbarbanza2_100_26102009.jpgBARBANZA> Rosa Quintana aproveitou a súa presenza na comarca para dar a coñece-los orzamentos do seu departamento para o vindeiro ano 2010.

    {flowplayer}barbanza/visitaconselleiramarbarbanza2.flv{/flowplayer}

    Os presupostos cos que disporá a Consellería do Mar para o vindeiro ano 2010 ascenden a 221’7 millóns de euros, incrementándose nun 7% máis con respecto ó último exercicio presentado polo Goberno Bipartito.

    Rosa Quintana aludiu en Rianxo a que a Consellería do Mar fará unha aposta firme pola pesca artesanal e o marisqueo, baseada en tres eixos fundamentais: o eido social, o eido económico e o eido ambiental.

    Eido social

    No eido social o departamento que dirixe Rosa Quintana potenciará a ordenación do sector, contribuindo á cooperación e ó desenvolvemento das confrarías grazas a unha achega de 800 mil euros destinados a convenios coas distintas federacións. Máis de 1’5 millóns de euros irán en apoio á cotización de seguros sociais que garantan as prestación por xubilación para as mariscadoras; 1’2 millóns de euros destinaranse ó seguro de accidentes; 10’9 serán para medidas socioeconómicas derivadas do abandono da actividade pesqueira destinadas a prexubilacións, ó impulso de novas actividades ou á mellora da capacitación profesional. Máis de 3 millóns de euros irán para a formación naútico-pesqueira e 6,8 destinaranse ós proxectos de plans estratéxicos e funcionamento dos Grupos de Acción Costeira. A seguridade marítima será tamén outro dos compromisos deste departamento cunha partida de máis de 16 millóns de euros.

    Eido económico

    En canto ó eido económico a Consellería do Mar, fomentará a continuidade da ordenación produtiva procurando a adecuación entre a explotación económica e o estado dos recursos, contemplando unha partida de máis de 6,3 millóns de euros en proxectos colectivos de xestión pesqueira e marisqueira.

    Eido ambiental

    No eido ambiental os orzamentos da Consellería do Mar prestarán especial atención á conservación dos recursos, potenciando unha pesca responsable e un maior control sobre as actividades extractivas ilegais. Así investiranse 2,5 millóns de euros en convenios de vixilancia; 1,2 millóns na protección de hábitats significativos e case 15 millóns investiranse en medidas de rexeneración, dinamización e adecuación das denominadas zonas C, nas que o marisco extraido non pode destinarse á comercialización en fresco.

    Redacción Barbanza