Os grupos políticos de Boiro xa dispoñen de locais na casa consistorial

BOIRO> Xa están en funcionamento os locais para grupos políticos do concello de Boiro. O executivo cumpre así cunha demanda histórica da corporación que redundará nunha mellor atención á veciñanza.

Os distintos grupos políticos que conforman a corporación de Boiro xa contan con varios locais na planta baixa da casa consistorial. O concello habilitou tres despachos e unha sala de xuntas que poderán ser utilizados tanto polas distintas agrupacións municipais como polos sindicatos.

Polo momento tan só dous grupos, Boiro Novo e IC Boiro, solicitaron o uso dos locais que estarán dispoñibles en horario de oito da mañá ás once da noite, segundo establece o regulamento. No caso de que outros grupos estean interesados en utilizar os despachos poderá compatibilizarse a través dun uso compartido.

Co acondicionamento destes locais, o concello dá cumprimento a unha demanda histórica que xa fora aprobada en pleno. O obxectivo é facilitar a atención veciñal.