As verduras precisan ventilador no Mercadena de meaño

    As altas temperaturas e a onda de calor nos afecta a todos, pero ós vendedores de Mercadena, a praza de abastos de Meaño, de xeito especial. As temperatiras que superan os 40 graos nas instalacións provocan importantes perdas económicas. Os praceiros demandan unha solución ó concello. Esta mañá estivemos con eles. Na praza de abastos de Meaño, Mercadena, desde que comezaron as altas temperaturas, atopamos case máis ventiladores, ca verduras. As caixas de xeo, sobrevoan tanto como as de sardiñas. E é que nada é suficiente para sobrelevar os máis de 40 graos que teñen aturar dentro das instalacións, tanto clientes, como vendedores…e os que máis padecen a calor, os produtos frescos. Fátima é a peixeira. E nestos días, e nestes días, o xeo é o seu maior aliado. Pero a calor a padece, tanto peixe coma carne e embutidos. E senón, que llo digan a Teresa, que ten a carnicería. As froitas e verduras de Luisa están ventiladas todo o día. Esta situación, que veñen padecendo desde que se construíu esta nova praza, é insoportable para vendedores e clientes, pero o peor de todo para estes praceiros, son as perdas económicas que está producindo. E cal é o culpable de toda a situación. Pois só temos que mirar para arriba. Sí, o teito de Mercadena. Os praceiros xa se puxeron en contacto co concello, pero de momento, non están moi satisfeitos coa resposta da alcaldesa. Os traballadores cualifican a situación de denigrante e infrahumano. Teñen claro, que seguirán protestando ata que consigan unha solución…