Ruben Riós proxectará en Cambados o seu último documental ‘Outros Camiños’

CAMBADOS> Cambados proxectará un pase do documental Outros Camiños o vindeiro día 25 na praza Dolores del Valle. A peza audiovisual trata sobre a asociación Discamiño que permite que cada ano 500 persoas con discapacidade fagan o Camiño de Santiago. Na xornada tamén se proxectará o documental Arrieiros somos cuxa protagonista é a cambadesa Victoria Laranjo.

O actor e director Rubén Riós volve a Cambados para amosar o seu último documental, Outros Camiños. Unha peza audiovisual que mostra a historia da Asociación Discamiño. Unha agrupación que permite que cada ano 500 persoas con discapacidade realicen o Camiño de Santiago. O director busca con esta obra mostrar a importancia da inclusión e da diversidade.

A proxección terá lugar o venres 25 na praza de Dolores del Valle. O concello escolle esta zona xa que foi renovada para converterse nunha referencia da igualdade.

Ademais da proxección de outros camiños tamén se proxectará o anterior documental de Rubén Riós Arrieros Somos, que ten como protagonista á cambadesa Victoria Laranja.

A proxección de ambos documentais terá lugar na praza Dolores del Valle a partir das 22 horas. A xornada inclúe un coloquio despois de cada proxección para compartir os documentais cos espectadores. Ademais, dende a produtora Claqueta Coqueta tamén farán unha doazón para axudar a Mechi Álvarez e porán huchas na praza para que todo o queira colaborar coa cambadesa poida facer a súa aportación.