Rey despídese da alcaldía satisfeito: ‘Caldas vive unha idade de ouro’

CALDAS> Juan Manuel Rey despídese da alcaldía do Concello de Caldas. O aínda rexedor fixo hoxe balance dos seus dezaoito anos á fronte do goberno local. O socialista explicou que toma a decisión de marchar logo de conseguir algúns dos grandes obxectivos que aínda tiña pendentes, entre eles, o anuncia de que haberá novo centro de saúde na vila. O rexedor avanzou hoxe que a sinatura do convenio con Sanidade poderá ter lugar en breve, logo de que a consellería confirmase que toda a documentación aportada polo concello é correcta.

10.787 días despois Juan Manuel Rey pon fin á súa etapa na alcaldía de Caldas de Reis.

Así, visiblemente emocionado e arroupado por funcionariado e veciñanza, comezaba o aínda alcalde o seu balance do feito nestes últimos 18 anos no municipio. Di que a decisión estaba tomada dende hai tempo, pero que non daría o paso ata resolver logros que aínda lle quedaban pendentes. A decisiva, dixo, a confirmación de que haberá novo centro de saúde.

Outro dos logros cos que marcha Rey é co compromiso de ampliar o polígono do Pousadoiro, da man de Zona Franca de Vigo e do Concello de Vilagarcía.

E recoñeceu que tamén lle quedan espiñas daquilo que non se logrou neste tempo, en especial, a apertura das pozas.

Deste xeito, o o socialista ponlle fin a tres décadas de actividade política no consistorio caldense, primeiro como concelleiro e logo como alcalde. Para Jacobo Pérez Gulín, o que será o novo rexedor da vila…

E apuntou tamén que el seguirá aí, aínda que doutro xeito, apoiando ao seu partido e do lado de toda a veciñanza porque, bromeou, trinta anos despois, quen máis e quen menos na vila ten xa o seu número de teléfono para  o que precise.