Sae a exposición pública o proxecto do polígono de Té

    RIANXO > A construción do polígono industrial de Té, en Rianxo, está máis preto de ser unha realidade xa que acaba de saír a exposición pública o proxecto sectorial do parque empresarial. En canto a adquisición das fincas que ocupará o futuro polígono, a Sociedade Pública SEA xa ten firmadas opcións de compra sobre a metade das parcelas. O concello estima que a mediados de 2007 estean adquiridos a totalidade dos terreos.

    poligonote_300_260906.jpgO novo polígono ocupará unha superficie total de 340 mil euros e dará resposta á crecente necesidade de chan empresarial existente no municipio de Rianxo. Na actualidade, os trámites para a súa construción atópanse moi avanzados coa recente saída a exposición pública do proxecto sectorial. Unha vez finalizado o mes de prazo para a presentación de alegacións, valorarase a introdución de modificacións puntuais e analizaranse os informes dos distintos organismos competentes de cara á aprobación definitiva do proxecto.

    Por outra banda, a asesoría xurídica da sociedade Suelo Empresarial del Atlántico xa ten asinadas opcións de compra sobre o cincuenta por cento do terreo afectado. A empresa está a revisar toda a documentación das parcelas e prevé que a finais de ano se proceda ó pago das fincas que reúnen tódolos requisitos legais. A administración autonómica estima que a mediados do próximo ano podería terse adquirido o cen por cen de terreo aínda que no caso de non chegar a acordo habería que porceder á expropiación forzosa de xeito que se retrasaría o proceso.

    O alcalde de Rianxo amosou a súa satisfacción polo bo ritmo ó que marcha este proxecto e agarda que o polígono se convirta nunha realidade canto antes grazas á xestión da administración autonómica.

    Redacción Barbanza