![]()
CAMBADOS > A ONCE entregoulle hoxe ó Concello a prancha orixinal do cupón dedicado á localidade. A praza e o pazo de Fefiñáns…
… estarán impresos no cupón que se sorteará o vindeiro luns 27. A ONCE ten posto á venta en todo o Estado máis de 5 millóns 700 mil cupóns, polo que a imaxe e o escudo de Cambados van a estar presentes en todo o territorio peninsular e insular.
A imaxe da praza e do pazo de Fefiñáns, principais símbolos de Cambados, percorrerá toda España o vindeiro día 27. A ilustración deste entorno figurará no cupón da ONCE que se sorteará ese día. A placa orixinal que reproduce ese cupón foi entregada esta mañá ó Concello. A ONCE está a dedicar as ilustracións do cupón dos sorteos ordinarios que se celebran de luns a xoves a concellos españois de entre 10.000 e 25.000 habitantes. Esta xa é a segunda ocasión que se lle dedica a Cambados, algo que agradece o Concello.
Redacción Salnés










