Tourís arremete contra Santiago pola polémica dos diplomas da súa muller

    VILANOVA > O edil de Vilanova Javier Tourís arremeteu duramente contra ó edil socialista Rodrigo Santiago pola polémica suscitada pola presunta falsificación de diplomas expedidos á súa muller Yolanda Otero. Tourís asegurou que a súa muller non fixo eses cursos e que as copias que distribuíron ós medios son falsificacións.

    javiertouris_280906.jpgDe todo menos palabras bonitas lle dedicou o concelleiro Javier Tourís pola polémica que levou ó pleno da Deputación de Pontevedra a existencia duns diplomas duns cursos nos que aparecen a súa muller como alumna e que non realizou. Tildouno de ‘personajillo’, ‘limitado’, ‘deseperado’ e acusouno de ‘utilizar medios rastreiros pero fáciles de desmontar’.

    Segundo Tourís todo se debe a un complexo de inferioridade porque ‘Santiago non ten formación’ e non é a primeira vez que arremete contra el e maila súa familia. ‘Só lle faltaba meterse coa miña muller. O moi machote quere medira a súa forza cunha muller embarazada de sete meses’. Tourís amosou tódolos diplomas que acreditan os estudos da súa muller e acusou a Rodrigo Santiago de falsificar as copias dos cursiños que se lle atribúen pero que non realizou.

    Tras incidir no estudada que é a súa cónxuxe invitou ós xornalistas a que comprobaran os certificados que demostran os estudos que ten e mandou unha mensaxe persoal ó edil socialista: ‘quero dicirlle que teño un can pequeno e inofensivo. É ó único da miña familia que lle queda por meterse con el’.

    Redacción Salnés