A parroquia de Abanqueiro contará cun centro social no próximo ano

    centrosocialabanqueiro_100_021006.jpgBOIRO > O concello de Boiro vén de asinar un convenio de colaboración coa Consellería de Cultura para a creación dun centro social en Abanqueiro.

    A financiación do proxecto levarase a cabo en dúas anualidades. Neste ano, a Consellería de Cultura aportará cen mil euros e o concello trecentos mil euros mentres que no próximo ano, a administración autonómica achegará os trescentos mil euros restantes para concluí-la actuación.

    Coa edificación deste centro, o concello pretende dotar á parroquia dunhas instalacións axeitadas para usos sociais, formativos e de entretemento. As novas dependencias ubicaranse nos terreos onde actualmente está situada a escola unitaria da Fieiteira. O edificio constará de dous pisos. Na planta baixa, de 446 metros cadrados de superficie, instalarase un amplo salón multiusos mentres que no piso superior, de 300 metros cadrados, situaranse a biblioteca, cafetería e tres aulas máis destinadas a usos diversos.centrosocialabanqueiro_200_021006.jpg

    O executivo ten previsto poñer en marcha as instalacións ó longo do próximo ano. A intención é aproba-lo vindeiro martes as bases para sacar a licitación a primeira fase das obras que consistirán na construción do edificio e a e o acondicionamento da primeira planta. A comezos do vindeiro ano adxudicariase a segunda fase para o remate da actuación coa adecuación da segunda planta e a urbanización do entorno do inmoble.

    En canto á dotazón de mobiliario e equipamentos para o edificio aínda está por determinar o custo total desta actuación. Sen embargo, o alcalde boirés, Xosé Deira, xa iniciou os contactos coa Deputación Provincial da Coruña para que se faga cargo da súa financiación.O centro social de Abanqueiro vense sumar á política desenvolvida polo executivo municipal para dotar de espazos multiusos a tódalas parroquias do municipio. A pasada semana producíase a adxudicación das obras do Centro Social de Cabo de Cruz, na parroquia do Castro, por valor dun millón trescentos mil euros.

    Redacción Barbanza