Política Territorial financiará unha nova ponte na zona do Ordenario

    ordenario_100_021006.jpgBOIRO > O tenente de alcalde e edil de Obras de Boiro, Xoán Xesús Ares, mantivo un encontro cos veciños da zona de Ordenario para  informarlles do proxecto de mellora da ponte alí existente sobre o río Coroño.

    A intención do executivo boirés pasa fundamentalmente porque a obra, que será sufragada por Política Territorial, se execute o máis axiña posible. As enchentas do pasado inverno provocaron o afundimento de parte da estrutura da coñecida como Ponte do Ordenario sobre o río Coroño que separa as parroquias de Boiro e Cures.ordenario_200_021006.jpg

    Dende aquela e xa van alá varios meses a ponte permanece pechada ó tráfico e os veciños de zonas como Coroño,Teaño, Loxo ou Ordenario que a cotío empregaban este paso deben agora usar outras pontes debido ó actual estado da infraestrutura, o que lles causa un grave prexuízo, xa que teñen que dar máis dun rodeo.

    O edil de Obras boirés explicou as características da actuación proxectada polo concello e que contempla a demolición e a construción dunha ponte nova de maiores dimensións. A obra será financiada integramente pola Consellería de Política Territorial que aportará preto de noventa e seis mil euros.

    Redacción Barbanza