Cincuenta arqueiros daranse cita no Campionato Galego Percorrido do Bosque en 3D

A POBRA> A Pobra converterase este sábado en sede autonómica do tiro con arco. Cincuenta participantes daranse cita no Campionato Galego de Percorrido Bosque 3D que se desenvolverá na zona da Portela.

Por primeira vez, A Pobra acollerá o campionato galego de tiro con Arco Percorrido de Bosque 3D. Será este sábado na zona da Portela onde se desenvolverá un circuíto pola mañá e outro pola tarde.

Ó redor de cincuenta participantes percorrerán as vinte e catro propostas de tiro a través dun circuíto con réplicas de animais en 3D.

O alcalde da Pobra quixo agradecer o esforzo do Club Arqueiros do Barbanza para poder desenvolver finalmente o campionato previsto inicialmente para o mes de maio.

Ademais de limitar o acceso de acompañantes, o avituallamento durante o percorrido será individual e precintado.