Medio Rural comeza a limpeza dos montes cercanos a núcleos urbanos

    POIO > Medio Rural ofreceulle esta posibilidade ós concellos como medida excepcional. Despois serán os propietarios os que limpen as súas fincas.

    limpezamontepoio_constenla_.jpgO delegado da Consellería do Medio Rural en Pontevedra, Gonzalo Constenla, acudiu hoxe ó Concello de Poio para ver como se desenvolven os traballos de limpeza dos montes que están preto de núcleos habitados. O lugar elexido para a visita foi A Escusa, en Monte Castrove, unha das zonas máis afectadas polos incendios do pasado verán. Dende alí aprécianse perfectamente as consecuencias dos incendios que azoutaron con especial virulencia a esta zona. Agora, á imaxe do monte queimado súmase a do monte limpo naquelas zonas máis achegadas ás vivendas.

    En Poio serán 13 núcleos os que se beneficien desta medida e preto de 12 hectáreas. A Consellería págalle ós Concellos por hectárea limpada e pon como condicións que se traballe nun mínimo de 10 núcleos e cun máximo de 45 hectáreas.

    Subvencións

    Pero ademais de traballar na limpeza dos montes, Medio Rural está a sacar liñas de axudas para ordea-lo monte galego. Entre elas hai subvencións para prantar árbores autóctonas e tamén outras para forestar terras non agrícolas, xa que a Consellería quere que se deixe de prantar árbores en terras agrarias. Esto significa que se poderán facer prantacións, incluso de todo tipo de árbores e non só caducifolias, pero será sempre en terreos forestais.

    Con esta medida a Consellería quere precisamente alonxa-los montes dos lugares habitados e impedir que naqueles espazos onde hai cultivos ‘como ocorre no Salnés co albariño’, se pranten árbores que prexudican ós sembrados.

    Redacción Salnés