![]()
VILAGARCÍA> A Escola Infantil Municipal dedica esta semana á Educación Viaria. Hoxe, dedicaron a mañá aos policías.
{flowplayer}images/salnes/escola_infantil27M.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA> A Escola Infantil Municipal dedica esta semana á Educación Viaria. Hoxe, dedicaron a mañá aos policías.
O método para ensinarlles as normas de circulación, é distinto que cos adolescentes, adaptado ás súas curtas idades faise todo mediante contos. Recoñecer aos policías polos seus uniformes, obedecer a papá e mamá pola rúa, e ir sempre da man deles, … son algunhas das pautas que aprenden os cativos como peóns.
Na Escola Infantil Municipal de Vilagarcía levan anos facendo esta actividade cos pequenos e pequenas, e consideran que os obxectivos da actividade están logrados. Como condutores tamén aprenderon o seu. E as sancións, pódese dicir que fixeron o mesmo efecto neles que nos adultos…Incluso saíron á rúa acompañados polo policía e polas profesoras, para aprender a cruzar polos pasos de peóns, e facer que os condutores respecten o seu paso.
O luns, na escola comeza a semana da arte, terán a visita do pintor Uxío López e a vindeira semana estará dedicada á música.
Redacción Salnés








