“Libros por sorrisos” recolle alimentos para os desfavorecidos

    librossorrisos copia100.jpgPOIO> Esta iniciativa, incluída no Plan de Emerxencia Social do concello, busca aumentar o fondo de alimentos para os veciños máis necesitados.

    {flowplayer}images/salnes/LIBROS_POR_SORRISOS.flv{/flowplayer}

    Baixo o nome “libros por sonrisas” a iniciativa fomenta a solidariedade dos veciños coas familias máis desfavorecidas . A colaboración consiste na aportación dun lote de alimentos, superior a un quilo.

    Os alimentos serán entregados ás familias segundo criterios de necesidade evaluados polo informe técnico de traballadores sociais. Cada aportación terá unha recompensa.

    Os puntos de recollida de alimentos situaranse na Casa Rosa, na Biblioteca Municipal e no Centro Cultural de Poio no horario habitual de apertura dos centros. Tamén se contempla a posibilidade de realizar unha recollida puntual nalgunha das prazas da localidade.O prazo para a colaboración permanecerá aberto ata o fin de existencias de lotes de libros e CD´s.

    Redacción Salnés