Gran afluencia de público no día grande do San Marcos

NOIA> Tras dous anos sen celebrarse por mor da pandemia, Noia recuperou as festas de San Marcos. Tras unha fin de semana chea de actividades, hoxe tivo lugar o día grande coa celebración da Feira Cabalar.

O bo tempo que acompañou durante todo o día favoreceu a afluencia de xente que dende primeira hora da mañá acudiu ó recinto de San Lázaro para disfrutar da tradicional Feira Cabalar de San Marcos.

Ademais dos concursos nas distintas categorías, exhibicións de doma e carreiras de cabalos, os asistentes tiveron ocasión de visitar a exposición de maquinaria agrícola e pasar unha xornada festiva.

A feira cabalar puxo o mellor broche a un fin de semana de celebracións no que a música foi a principal protagonista con grupos como ‘De Vacas’ e ‘Doutor Queen’ e a orquestra París de Noia que na noite do domingo congregou a multitude de asistentes na alameda noiesa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí