As personaxes de Disney visitarán Vilagarcía grazas as actividades que organizará Zona Aberta este nadal

VILAGARCIA> As personaxes de Disney visitarán Vilagarcía grazas a asociación Zona Aberta. Os comerciantes presentaron as actividades que realizarán durante as datas festivas entre as que destaca a festa de nadal disney. A asociación tamén organizará outras iniciativas como a chocolatada solidaria ou a festa de fin de nadal.

Durante as festas de nadal, os comerciantes de Vilagarcía queren agasallar aos seus clientes con diferentes actividades. Pensando especialmente nos máis pequenos, unha das actividades a desenvolver será a terceira festa de nadal Disney.

Sen esquecerse tampouco dos máis necesitados, Zona Centro tamén organizará unha cocolatada solidaria.

Dende Cáritas agradecen o apoio de Zona Aberta e piden á xente que colabore nuns momentos de tanta necesidade.

As actividades están pensadas para o goce dos clientes e as súas familias durante as festas de nadal. Unhas datas nas que as vendas non están sendo tan boas como agardaban.

Zona aberta pechará as actividades, o día 7 de xaneiro, na Praza de Galicia cun sorteo de 3 mil euros en vales compra. Posteriormente terá lugar unha actuación da duendeneta como despedida das festas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí