Viveiro de empresas e edificio de usos náuticos

    BARRO- MEIS, A ILLA>Un gran día para a provincia de Pontevedra. Así cualificaba hoxe a Presidenta de Deputación a estrea das instalacións do Viveiro de Empresas do polígono de Barro-Meis e a colocación da primeira pedra do edificio de usos náuticos da Illa de Arousa, ambos proxectos nos que participa a institución.

     

    A presidenta da Deputación Carmela Silva visitaba hoxe o polígono de Barro-Meis para participar na estrea das instalacións do seu Viveiro de Empresas. Unha iniciativa que valoraba moi positivamente na compaña do alcalde de Meis e o tenente alcalde de Barro, recalcando a aposta da institución por axudar aos emprendedores.

    As instalacións contan con máis de 1.900 metros cadrados distribuídas en 16 naves, 24 oficinas, 4 salas de xuntas ne tres espazos de coworking.

    Na presentación tamén se ofreceron explicación acerca dos distintos programas de carácter europeo dedicados ao emprendemento.

    Algo máis tarde a presidenta da Deputación se trasladaba á Illa de Arousa para colocar a primeira pedra dun edificio de usos náuticos que se leva demandando durante anos.

    O alcalde da Illa lembrou que esta construción aportará un gran valor engadido ao municipio, aínda que as dúas entidades que máis se vaian a beneficiar sexan o club de piragüismo e a escola de navegación.

    A obra, que ten un custe total de 1 millón 275 mil euros, foi impulsada polo anterior presidente da Deputación, Rafael Louzán, algo que loou a actual presidenta, Carmela Silva.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/25/deputacion_viveiro_illa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/25/deputacion_viveiro_illa.mp4{/flowplayer}