Restauradores do Barbanza descubren en Padrón os segredos do xerez

    catavios_100_051006.jpgPADRÓN > O restaurante ‘O segredo do Viño’ acolleu  unha orixinal cata de viños a cargo das bodegas Fernado de Castilla.

    Restauradores de toda a comarca déronse cita no establecemento padronés para coñecer de preto os diferentes viños de xerez que elabora esta firma. A estrela da tarde foi o Pedro Ximénez, un dos caldos que conta con máis aceptación na zona do Barbanza. Andrés Soto, directo comercial das bodegas Fernando de Castilla, foi o encargado de expoñer os valores dos distintos viños de xerez elaborados nestas cava, todos eles de gama alta e produción limitada. Neste sentido, explicou que tódolos seus viños son dunha pureza extrema posto que non son froito de ningún tipo de mezcla o que lle confire aínda unha maior calidade.catavios_200_051006.jpg

    Preto de corenta persoas vencelladas ó negocio hostaleiro asistiron a esta conferencia. Entre os participantes, atopábanse os representantes dalgúsn dos restaurados máis importantes da comarca como A Terraza de Chicolino, Chef Rivera, O Pazo, San Martiño, La Bodeguiña de Juan, O Pazo de Lestrove ou Pedra Santa. Todos eles coincidiron en destacar a calidade dos viños e a necesidade de introducilos paulatinamente na gastronomía da zona. Na actualidade, o caldo desta adega máis demandado polos hostaleiros barbanzás é o Pedro Ximénez Fernando de Castilla Antique. Este caldo xa conta con varios recoñecementos a nivel interbacional como é a medalla de ouro na White Challenger ou a elección para representar a España na cea inaugural da feira de Burdeos. Este viño, cun equilibrado contraste entre doce e ácedo, é o complemento ideal para acompañar calquera tipo de postre. Así o puideron comprobar os participantes nesta charla que procederon á cata dunha edición limitada deste caldo.

    Tralo bo resultado desta iniciativa, que xa se desenvolveu na zona en anos anteriores, os responsables das adegas teñen pensado proseguir coa realización de conferencias e catas de viños en toda Galicia para extender o consumo destes viños do sur na nosa terra.

    Redacción Barbanza