![]()
VILAGARCÍA> Os prezos subiron en Galicia un 1,1% con respeto a setembro. O máis caro: calzado, tabaco ou bebidas alcohólicas fronte á caída na hostelería.
{flowplayer}images/salnes/suba_prezos_outubro151111.flv{/flowplayer}
O Índice de Prezos ó Consumo creceu en Galicia un 1,1 por cento en outubro, en relación ó mes anterior, segundo o Instituto Nacional de Estatística. O inicio da tempada de inverno en canto a roupa e calzado influíu moito, xa que no pasado mes os prezos destes productos subiron un 11,6 por cento. Tamén subiu o ensino, nun 1,7 por cento, e un 1 por cento no tabaco e nas bebidas alcohólicas. Pola contra mantivéronse os prezos de alimentos e bebidas non alcohólicas mesmo baixaron os de cafés, hoteis e restaurantes, nun 0,6 por cento.
Para o consumidor de a pé, os prezos seguen a estar caros. O incremento do IPC rexistrado en outubro en Galicia sitúase por enriba da media estatal e ó mesmo nivel que Castela A Mancha, Extremadura, Murcia, A Rioxa e Ceuta.
Redacción Salnés









