Concello e Xunta chegan a un acordo polo PXOM de Vilanova

    duran_100_290606.jpgVILANOVA > O PXOM de Vilanova parece que por fin toma forma. Os técnicos de Urbanismo da Xunta e mailo concello…

    …chegaron por fin a entendemento para a súa aprobación. A xuízo do alcalde, Gonzalo Durán, non é o que propuñan dende o equipo de goberno pero, alomenos, non é daniño para a vila. O PXOM foi consensuado e dende o concello agárdase que estea definitivamente aprobado no prazo dun mes.

    Aínda que o alcalde de Vilanova non profundizou nos pormenores da situación definitiva do PXOM, o concello e mailos técnicos da Xunta chegaron a acordo. O tema principal de discusión (o volume de edificabilidade no rural) variou para mellor a xuízo de Durán. Se ben non se poderá construír tanto como propuña o goberno local, a Xunta cedeu nos recortes a aumentou a edificabilidade respecto da anterior proposta. Trátase, a xuízo de Durán, do ‘mellor PXOM consensuado’ ó que se puido chegar entre ámbalas dúas partes.

    O desbloqueo do rural era imprescindible para que as negociacións chegaran a bo porto. Acordado isto só queda reunirse co Director Xeral de Urbanismo, Ramón Lueje, para acordar a entrega dos informes das distintas administracións e para que o PXOM entre en funcionamento antes de decembro definitivamente.

    Redacción Salnés