A FECA e Galicia Business School unen forzas para impulsar actividades formativas conxuntas

VILAGARCÍA>  A Federación de Empresarios de Arousa e Galicia Business School unen forzas para impulsar actividades formativas conxuntas. As dúas entidades asinaron hoxe un convenio de colaboración, que se traduce na celebración de xornadas  centradas no impulso das capacidades empresariais. Algunhas das actividades celebraranse nas instalacións da FECA en Vilagarcía.

A Federación de Empresarios de Arousa e Galicia Business School asinaron esta mañá un convenio de colaboración que busca impulsar, de xeito conxunto, actividades formativas.  O acordo beneficia a tódolos asociados da FECA, que recibirán asesoramento e aprendizaxe en condicións vantaxosas.

Os asociados á FECA poderán optar a unha serie de becas para recibi-la formación. As accións centraranse na mellora da competitividade empresarial.

As dúas entidades acordaron tamén organizar de xeito conxunto varias xornadas formativas. Unha delas celebrarase nas instalacións da FECA en Vilagarcía.

O convenio asinado esta mañá ten unha vixencia dun ano. Con todo, tanto a FECA como Galicia Business School amosaron xa a súa vontade de que o acordo se renove de xeito sistemático.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí