Gonzalo Durán quéixase do xefe territoral de Educación ante a Xunta

    colexio_tremoedo100.jpgVILANOVA> O motivo, a reposición do tellado nunha vivenda desafectada no colexio de Tremoedo. O Concello asegura que o propio xefe territorial César Pérez

    {flowplayer}images/salnes/GONZALO_COLE_TREMOEDO_020612.flv{/flowplayer}

    … se comprometeu ante os responsables municipais e da ANPA a facer o tellado, se o Concello asumía o derribo previo. Algo que negan desde Educación.

    Segundo indicou Gonzalo Durán, desde Educación sinalan que o colexio de Tremoedo ten espazos suficientes para a súa actividade. Sen embargo, o rexedor lembra que xa este curso, a comunidade escolar lle solicitou ó Concello poder utilizar a casa de cultura próxima, cousa que xa está a acontecer. E os rapaces tamén están a usar o pavillón de deportes municipal.

    Durán asegura que están fartos de asumir con cargo ás arcas municipais o mantemento dos colexios, xa que, lembra é competencia da Xunta. O alcalde indicou que xa está todo listo para poder executar o tellado.

    Redacción Salnés