SOLUCIÓN: Cisternas de abastecemento

    CALDAS > O certo é que os veciños de Caldas sí se sinten moi afectados por esta situación. Para tentar solventarlles o problema, o concello puxo en marcha un sistema de abastecemento a través de cisternas que estará operativo durante os vindeiros días.

    camioncisterna_300_111006.jpgUn dos puntos de suministro está na estrada de Vilagarcía, diante do bar Cruceiro. A que ven na imaxe é unha das cisternas que suministra auga potable ós vecińos de Caldas. Está situada na estrada de Vilagarcía aínda que hai outras na rúa das Monxas, en Souto María López, nas Palmeras, no empalme de San Roque e na igrexa de Santa María.

    Ata estes lugares se achegan os vecińos para conseguir, polo menos, auga de consumo. A maioría nin sequera están preparados para esta situación. Acoden con pequenas botellas de plástico que o operario encargado da cisterna enche como pode. O certo é que auga non está racionada e pódese levar toda a que se queira e cantas veces sexa preciso. Segundo Francisco Durán, o responsable da cisterna, non hai problemas de suministro.

    A súa cisterna carga 30 mil litros e está resultando máis que suficiente para abastecer ós vecińos. Non lle ocorreu o mesmo durante o verán, cando estivo na Toxa e a auga apenas lle chegaba a nada. Nesta ocasión o líquido que se reparte en Caldas provén da traída de Pontevedra e está en perfectas condicións para o consumo, polo que é unha alternativa á auga envasada que ata agora tiñan que usar os veciños.

    Redacción Salnés