![]()
O SALNÉS> O conflicto de Alfageme podería estar xa solucionado en breve se o IGAPE non estivese a pasar pola difícil situación na que se viron envolta…
{flowplayer}images/salnes/cig_situacion_alfageme.flv{/flowplayer}
… o seu director e subdirector por mor da operación xudicial campión. Dese a CIG Vilagarcía alzan a voz para impedir que este proceso, que leva xa dous anos dilatado no tempo, se paralice no seu tramo final por mor dunha deixadez de funcións neste ente público.
A sindicalista Rosa Abuín asegura que Alfageme só está a espera de que o IGAPE asine e avale o auto de liquidación dos avais bancarios para que a empresa cántabra El Consorcio poida reiniciar a actividade canto antes.
Con esta denuncia pública a CIG agarda a que se deixen de perder días de traballo e o que tempo deixe de correr en contra da producción e da imaxe de marca desta empresa.
Redacción Salnés







