A Illa de Arousa deu a benvida a XXI acampada do marisco

    ILLA DE AROUSA > Caravanas vidas dende diferentes puntos de España e Portugal disfrutaran da mellor representación gastronómica das Rías Baixas : o marisco.

    Hai mais de vinte anos que un grupo de campistas decidiron reunirse para disfrutar da gastronomía dos lugares españois. Este ano o destino era a Illa de Arousa e os pratos típicos por suposto : o marisco. O  presidente do club caravanig Galicia-Vigo  e o alcalde da Illa de Arousa Manuel Vázquez daban a benvida ós asistentes.

     

    Despois do izado de bandeiras,  dábase por inaugurada a concentración. Os campistas que viaxaron,  algúns dende moi lonxe, comezaban así unha ponte no que o descanso, as relacións cos amigos e compañeiros,  as afeccións e sobre todo a boa mesa serán os protagonistas.

    Redacción Salnés