Vilagarcía celebrou o día da Hispanidade cunha misa solemne

    VILAGARCÍA > En Vilagarcía homenaxeouse a Virxe do Pilar, patroa da Garda Civil cunha misa solemne á que non faltou os membros da corporación municipal e os seus compañeiros da Policía Nacional.

    A igrexa parroquial de Vilagarcia de Arousa foi o escenario esta mañá dunha misa solemne para homenaxear a patroa da Garda Civil, a Virxe do Pilar. Os mandos deste corpo de seguridade acompañados dos da Policía Nacional acudiron ó acto cos seus uniformes de gala. Xunto a eles non fallou o alcalde do concello, Xavier Gago e os representantes do Partido Popular, Independentes e  BNG. Por parte da Deputación foi o seu vicepresidente, Jose Juan Duran o que acudiu á conmemoración deste día tan especial. A economía tamén estivo representada co presidente da Cámara de Comercio, Carlos Oubiña  e o Porto co seu director, Suso Paz. A continuación todos se dirixiron ata o Liceo Casino para tomar un pequeno ágape e poñer así o broche de ouro o día da Hispanidade.

    Redacción Salnés