SANXENXO> Sanxenxo é pioneiro nun sistema de aparcadoiro a través dunha app. Un grupo de mozos puxo en funcionamento na vila unha aplicación que permite alugar prazas de aparcamento por horas. O sistema basease na economía colaborativa permitindo o aforro de tempo aos clientes e a diminución das emisións dos vehículos.
Cantas veces tardades tempo e tempo buscando unha praza de aparcadoiro? Para solucionar este problema, un grupo de mozos puxo en marcha Dooroti. Unha aplicación que permite alugar prazas de aparcadoiro por un tempo limitado.
A aplicación é moi sinxela de utilizar e permite tanto a hoteis, comunidades de veciños, empresas ou particulares alugar as súas prazas e que os interesados a poidan reservar.
Os mozos crearon un sistema propio fabricado en Galicia que permite abrir os portais dos garaxes co teléfono móbil e identificar os coches que acceden á praza.
Dooroti basease no sistema de economía colaborita. Deste xeito as prazas baleiras son utilizadas por persoas favorecendo a diminución do tráfico e das emisións dos vehículos.
A aplicación conta coa colaboración da Zona Franca de Vigo e o Cluster do Ceaga. Actualmente só está dispoñible en Portonovo, pero o seguinte paso dos creadores, é poñela en funcionamento en todo Sanxenxo e nas grandes vilas galegas.