A arte e o comercio únense en Cambados co I Rueiro de Artistas

CAMBADOS> Cambados une o comercio e a arte co primeiro rueiro de artistas. 16 mozos creadores exporán as súas obras en diferentes establecementos da vila. O obxectivo é fomentar as vendas á vez que os artistas amosan as súas obras.

Dous estudantes de belas artes, Lara Cores e Luís Vilanova, poñen en marcha en Cambados unha iniciativa novidosa, o rueiro de artistas. Unha exposición con obras de diferentes artistas galegos que estarán dispoñibles en comercios da vila. O obxectivo é que os creadores poidan mostrar as súas obras á vez que axudan a incentivar as compras nos establecementos.

No rueiro de artistas participan 22 establecementos e 16 creadores. Os mozos e mozas son alumnos do último curso de belas artes que con estas mostras dan a coñecer as súas creacións.

Os estudantes quixeron compartir esta iniciativa co comercio local conscientes do difícil momento que atravesa o sector. Para os comerciantes de Cambados esta iniciativa é un aliciente máis para que a xente acuda ós seus negocios.

Todos os comercios participantes poden visitarse a pé, coincidindo coa ruta do camiño de Santiago. As persoas que visiten todas as obras entrarán no sorteo dun vale de 150 euros.

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí