CAMBADOS> O túnel do viño caerase finalmente da celebración das festas do Albariño. O consello regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas decide suspender o evento debido á situación actual. Si se manterán na programación das festas a cata concurso e os concertos.
As actividades relacionadas co viño da Festas do Albariño de Cambados tamén se verán afectadas pola situación actual. O consello regular informou que só celebrará a cata concurso. Tanto os stands do paseo da calzada como o túnel do viño, que si se celebrou o ano pasado, cáense da programación.
Si se celebrará a cata concurso. Evento terá lugar do 29 de xullo ao 2 de agosto nun formato reducido para respectar as normas sanitarias. Un total de 52 viños presentaranse ao certame.
A programación do resto da festa mantense como xa se presentara hai unhas semanas. Suspéndense case todos os actos menos os concertos.
A nova situación si obrigou a cancelar as actividades infantís e a adiar o novo festival Albariño no Camiño ao mes de setembro.
Os concertos adaptaranse as novas restricións do nivel máximo no que se atopa Cambados. Das mil entradas prevista só se venderán 500. Os actos contarán con todas as medidas para velar pola seguridade. As entradas están a venta no Pazo Torrado.