Caixanova ofrece visitas guiadas ás exposicións do centro social

    PONTEVEDRA > O centro social Caixanova de Pontevedra inicia o seu programa de visitas guiadas ás exposicións que alberga. Os centros escolares que o soliciten poderán participar con carácter…

    …gratuíto da actividade didáctica deseñada para as exposicións ‘Wildlife, fotógrafos da natureza’ e maila ‘Escola de Barbizón’.

    Unha vez máis, a entidade Caixanova, aposta pola divulgación dos segredos da arte. A sede social de Pontevedra acolle un programa de visitas guiadas ás exposicións que acolle o recén estreado centro pontevedrés, entre elas ‘Wildlife, fotógrafos da natureza’. Os escolares en horario lectivo e o público en xeral os venres ás sete da tarde sen necesidade de cita previa poden gozar destas visitas.

    No caso dos nenos a actividade didáctica debe ser concertada previamente a través do teléfono 986.100.470. Trátase dunha proposta didáctica na que o discurso e os obxectivos das sesións se adaptan á idade e á formación dos nenos que acoden. Dende este venres e tódolos venres ás sete quen o desexe pode asistir á visita guiada que á exposición que nese momento estea programada sen necesidade de facer reserva.

    Redacción Salnés