![]()
CAMBADOS > Nun momento tan sensible para os ríos como éste, asistimos a un novo vertido. Tiña lugar en Oubiña.
A mancha tinxiu de branco a auga do regato da Abilleira que moitos veciños usan para lavar. Habitualmente as súas augas son claras e transparentes pero dende que instalaron unha tubería que ven do polígono industrial, estanse producindo continuos vertidos. O último era unha substancia branca que tinxiu todo o regato. 
A asociación de veciños do lugar, alertada polos habitantes máis próximos, achegouse e puido tomar mostras do líquido. Están indignados porque esta situación vense repetindo dende hai dous anos, cando se construiu a tubería e impídelles usa-lo río como fixeron toda a vida. A tubería ven do polígono, xusto de onde se está construíndo o novo matadoiro, polo que os veciños se temen o peor. Este caso xa está en mans do Seprona para que investigue de que substancia se trata e tome as medidas oportunas.
Redacción Salnés










