Javier Olleros: ‘O Grove e os seus produtos son a miña musa creativa’

O GROVE> O restaurante Culler de Pau do Grove convértese no primeiro establecemento galego en obter dúas estrelas Michellin. Javier Olleros sinalou que o recoñecemento é un agasallo para toda a xente que traballa para o restaurante. Yayo Daporta, Pepe Vieira e Pepe Solla repiten cunha estrela cada un.

Deste xeito sorpresa, Javier Olleros e a súa muller Amaranta coñeceron que o seu restaurante recibiría este ano unha segunda estrela Michelín. Converténdose no primeiro establecemento galego que recibe o dobre recoñecemento. Para o cociñeiro grovense é un agasallo para toa a xente que está detrás de Culler de Pau.

Os inspectores da Guía Michelin destacaron do restaurante grovense a súa cocina auténtica e a súa calidade.

Outras dos aspectos que destacaron da cociña de Culler de Pau é a súa esencia a partir de produtos de proximidade. Para Javier Olleros, O Grove e a súa xente son a súa musa creativa.

Outro dos recoñecementos que recibiu Culler de Pau foi a nova estrela verde. Un distintivo que recoñece aos establecementos sostible. Un galardón que tamén obtivo Pepe Vieira.

A pesar do éxito obtido, Javier Olleros non se esquece da situación que está pasando o sector. Pide que se axude aos negocios para evitar que ninguén quede atrás, especialmente os establecementos máis pequenos. En canto ao futuro do seu local, o cociñeiro advirte que seguirán traballando coas mesmas ganas e ilusión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí