O Xunta pon en marcha unha estratexia de dinamización conxunta das comarcas vitivinícolas galegas

CAMBADOS> A Xunta pon en marcha unha Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia.O acordo, que implica a tres Consellerías, foi asinado esta mañá en Cambados. O convenio contempla que a Fundación Juana de Vega sexa a encargada de coordinar a tódolos actores implicados. E todo, para que os caldos galegos melloren o seu posicionamento e reforcen a súa imaxe.

O viño é economía, é turismo e é futuro para o rural. Partindo desa base, a Xunta elaborou unha Estratexia de dinamización das comarcas vitivinícolas de Galicia. A idea é crear un proxecto global do sector, no que se teñan en conta as súas demandas e necesidades. E todo para mellora-la súa dimensión internacional e turística.

O convenio, asinado esta mañá no Parador de Cambados, contempla que a Fundación Juana de Vega sexa a encargada de coordina-lo proxecto.

A Estratexia implica ás Consellerías do Medio Rural, a Turismo e tamén á de Economía e Emprego. Para Francisco Conde, esta actuación conxunta vai en beneficio dun sector que considera estratéxico para a economía galega.

O documento serve tamén de folla de ruta para o fomento da actividade vitivinícula no ámbito turístico.

Para o Conselleiro do Medio Rural, o sector do viño en Galicia está nun bo momento. Por iso, di José González é agora cando deben marcarse as liñas mestras do futuro do sector. E todo para que o sector se consolide como a gran locomotora  agrodandeira das comarcas produtoras.

En total, para esta Estratexia conxunta, vanse mobilizar 750.000 euros.