O BNG pide a retirada do encoro do Umia para acabar coa toxina

    bngcaldas_100_161006.jpgCALDAS > O BNG de Caldas asegura que xa se advertira da existencia da toxina no encoro do río Umia o 14 de setembro …

    …. 20 días antes de que o concello dera a voz de alarma. A edil Paloma Fernández considera que a raíz dos problemas que padece este río está no mesmo encoro e anima ás autoridades a estudar o seu desmantelamento.

    A edil do BNG de Caldas, Paloma Fernández, sinalou hoxe que ten probas de que desde a Universidade de Santiago xa se advertira da toxina que contamina a auga do Umia o 14 de setembro. Tamén sinalou que en marzo, Espina y Delfín, concesionaria do abastecemento de auga, xa recibira orde de analizar a toxina. Pero ata o 7 deste mes de outubro non se coñeceu o asunto publicamente. O BNG di que non quere alarmar e reclama máis información.

    Paloma Fernández advirte tamén de que no río continuaremos padecendo esta toxina, tal como lle confirmou o propio director xeral de Desenvolvemento Sostible, Emilio Fernández. Para o BNG a solución pasa por desmantelar o propio encoro. Entende que é difícil pero pide ás administracións que o estudien. A edil nacionalista defende que o encoro é unha obra fraudulenta, feita cos antidisturbios. Contra as voces que poñen como pega que habería que indemnizar ó concesionario, Paloma Fernández responde que esta concesión é nula de pleno dereito.

    Redacción Salnés