Política Territorial investirá 2,3 millóns de euros en mellora de estradas

    albertogarcia_mariajosecaride_100_171006.jpgCATOIRA > A Consellería de Política Territorial anuncia para Catoira un investimento de 2,3 millóns de euros en materia de estradas

    … A titular deste departamento estivo hoxe neste concello para asinar dous convenios de colaboración. O primeiro para mellorar a rúa do Concello e o segundo para unha área de estacionamento de autobuses.

    Política Territorial financiará a construcción de beirarrúas e supresión de barreiras arquitectónicas e urbanísticas na rúa do Concello e adxacentes, en Catoira. Ademais construirá unha área de estacionamento de autobuses, cunha marquesiña de 15 metros de largo, unha zona de espera e outra de estacionamento. Para estas obras a conselleira María José Caride e o alcalde Alberto García asinaron dous convenios de colaboración. Ambas actuacións iniciaranse en breve, xunto con outras de reforzo de firme nas estradas PO-191, PO-192 e PO-548 entre Pontecesures e Vilagarcía.

    albertogarcia_mariajosecaride_200_171006.jpgEn total, segundo indicou María José Caride, conselleira Política Territorial, investiranse 2,3 millóns de euros en materia de estradas, máis 280.000 en materia de transporte, e en ambos casos espérase empezar nos vindeiros meses.

    O alcalde de Catoira, Alberto García, aproveitou a visita de María José Caride para amosarlle a maqueta do futuro auditorio municipal e solicitarlle colaboración para a súa construcción. A conselleira indicou que o seu departamento consideran esta unha obra necesaria para o municipio e que por iso vai colaborar para materializar este investimento e para que os cidadáns gocen canto antes destas instalacións.

    Redacción Salnés