AAVV de Vilaxoán busca ó misterioso lanzador de bolsas de lixo

    teocardalda_100_171006.jpgVILAGARCÍA > A Asociación de Veciños de Vilaxoán vén de acudir á Policía Local de Vilagarcía para que lles solucione o misterio

    … dunhas bolsas de lixo voadoras. Ó parecer teñen unha persoa no barrio que se dedica a tirar o lixo polo aire cara as rúas Bouza de Abaixo e de Arriba.

    As rúas Bouza de Abaixo e de Arriba, en Vilaxoán, levan seis meses padecendo a incívica conducta dun veciño ou veciña que se dedica a tirar as bolsas do lixo pola ventá. Algunhas incluso estiveron a piques de caer enriba dalgún transeúnte e outras chegaron a quedar suspendidas nos cables da luz vertendo os restos de comida polos coches alí estacionados. Outras van parar a un solar baleiro que corre o perigo de converterse nunha esterqueira.

    bouzadabaixo_vilaxoan_200_171006.jpgPara os veciños é un misterio e non saben dicir de onde saen estas bolsas de lixo voadoras. Algúns tómano a chiste e xa as bautizaron como Santa Compaña. ‘Eu chámolles ovnis, aínda que neste caso son obxectos identificados porque se trata de sacos con restos de comida, o que resulta moi desagradable’, indica Teo Cardalda, presidente da AAVV de Vilaxoán. O problema é que os veciños empezan a desconfiar uns dos outros. Aínda que non se atreven a sinalar a ninguén, desde a asociación coidan que o lixo se guinda desde unha barriada que está a máis altura e ademais dá ás dúas rúas da Bouza afectadas.

    Os veciños xa están fartos e din que isto xa pasa de castaño escuro. Por iso a directiva da asociación se puxo en contacto co Concello e denunciou o caso ante a policía local. A xefa da Polícía Local indicoulles que en canto vexan caer outra bolsa de lixo lles dean aviso para poder recollela e analizala, a ver se así dan dunha vez co culpable.

    Redacción Salnés