‘Paraugas solidario’: nova campaña de Cáritas de Arousa

    paraugas_solidariocopy.jpgVILAGARCÍA> Todo o que merque un paraugas nas tendas 4uatro Estaciones, un euro do importe final irá destinado ós fondos da asociación.

    {flowplayer}images/salnes/CATALOGO_PARAUGAS_SOLIDARIO.flv{/flowplayer}

    ‘Paraugas solidario’ é o nome da nova campaña posta en marcha por Cáritas interparroquial de Arousa en colaboración cun comercio de Vilagarcía que ten por finalidade recadar fondos para o centro. Todo aquel que merque un paraugas nas tendas de 4uatro Estaciones, un euro do importe final irá destinado ós fondos da asociación.

    Esta mañá Cáritas Interparroquial presentou o catálogo desta nova campaña, ‘Paraugas solidario’, posto en marcha xunto á tenda 4uatro Estaciones. Destacadas mulleres da sociedade vilagarciá foron as protagonistas nesta ocasión. O obxectivo desta iniciativa, é segundo explicou a propietaria da firma é potenciar o comercio e, ó mesmo tempo, recadar fondos para o centro.

    Desde hoxe e ata o día de Reis todos os que o desexen xa poden facelas súas compras nas dúas tendas de 4uatro Estaciones e axudar así a que Cáritas siga abrindo as súas portas. Na presentación, o directo do centro só tiña palabras de agradecemento.

    Na comparecencia tamén estivo presente a edil de benestar do concello, Elena Suárez, quen quixo felicitar que ós creadores desta iniciativa solidaria e orixinal.

    Redacción Salnés