O arranxo dos danos ocasionados pola autovía custará 1,5 millóns de euros

    autovia_alcaldesdeputacion100.jpgMEIS > Alcaldes e a Deputación de Pontevedra urxen á Xunta o arranxo dos danos ocasionados polas obras da autovía do Salnés. Un informe …

    {flowplayer}images/salnes/autoviasalnes_alcaldesdeputacion.flv{/flowplayer}

    MEIS > Alcaldes e Deputación de Pontevedra urxen á Xunta o arranxo dos danos ocasionados polas obras da autovía do Salnés. Un informe do Servizo de Vías e Obras da Deputación, valora en millón e medio de euros a contía necesaria para repor as estradas provinciais e municipais afectadas.

    O presidente da Deputación e mailos alcaldes de Meis, Meaño, Ribadumia e Sanxenxo denunciaron hoxe en rolda de prensa o que consideran unha falta de respecto por parte da Xunta, xa non só coas institucións municipais e provincial senón cos propios veciños.

    Os alcaldes indicaron o mal estado que presentan as estradas, o atraso na execución e posta en servizo das vías secundarias e a falta de sinalización en moitos tramos. Alcaldes e Deputación afirman que os veciños da comarca están a ter moita paciencia.

    Esperan arranxar o asunto por medio do diálogo pero non descartan medidas de presión. A mensaxe diríxena á Xunta a través dos medios porque segundo din non teñen interlocutor coa Consellería de Política Territorial.

    Redacción Salnés